Busca Avanzada
NOVAS  
25/01/2012
Volta á facturación da luz bimensual e con lectura real

      A Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo (ACUL) móstrase satisfeita porque se accedeu a unha demanda que viña facendo practicamente desde que se cambiou o modelo de facturación en 2008. Ese modelo, que prevía a facturación mensual, non alcanzou o obxectivo co que se creou (que o usuario coñecese mellor a enerxía que consome e puidese tomar medidas de aforro) ao permitir a alternancia entre lecturas reais e estimadas e levou unha auténtica explosión nas consultas e reclamacións dos usuarios nese sector. Ademais, ACUL nas múltiples xornadas realizadas en torno ao sector eléctrico puido constatar de primeira man o malestar xeral dos usuarios con ese modelo que supuxo tamén o fin da tarifa nocturna.

Segundo o proxecto do Ministerio de Industria as facturas da luz volverán ser cada dous meses e serán sempre baixo consumo real, o cal si permitirá aos consumidores ter un mellor control do seu consumo real e poder ser máis eficientes en casa.

En calquera caso, aínda queda moito por facer neste sector. Por exemplo, a concreción do Plan Contador para pór en marcha a rede intelixente de enerxía e facilitar a lectura a distancia dos contadores, entre outras cousas. Un plan que debería estar xa executado ao 30% ou 40% e que, con todo, a estas datas apenas se desenvolveu nun 5%. Así mesmo, ACUL tamén leva demandando fai tempo a volta da anterior tarifa nocturna, un modelo de mix enerxético respectuoso co medio ambiente e os petos dos consumidores e unha profunda revisión do déficit tarifario.