Busca Avanzada
NOVAS  
30/01/2012
ACUL informa ante o cesamento de operacións de Spanair

           A Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo (ACUL), recomenda a todos os usuarios afectados que garden toda a documentación relevante como billetes, reservas, compras de novos billetes, aloxamentos extras, etc,… e procedan a instar as correspondente reclamación. Para iso, ACUL queda á súa disposición para atender as dúbidas e consultas que se expoñan, así como interpor as reclamacións pertinentes.

A aerolínea emitiu un comunicado no que se informa aos pasaxeiros afectados das posibles alternativas de que dispón en cada caso. Desde ACUL recordamos que a compañía debe cumprir coas obrigacións de asistencia, transporte alternativo ou reembolso do diñeiro, e a correspondente compensación económica, segundo casos á que lle obriga o regulamento aplicable, e que poderían ir desde os 250 euros ata os 600 euros.

Tamén desde ACUL queremos sinalar que, ante a posibilidade de que a compañía aérea entre en concurso de acredores, os pasaxeiros afectados deben estar atentos ao comezo do procedemento xudicial, para acudirse no mesmo como acredores e pór no seu coñecemento o importe que a aerolínea puidese deberlles.

En palabras do presidente de CECU, Confederación de ámbito estatal da que forma parte ACUL, “esiximos ao Ministerio de Fomento unha explicación de por que se puideron comprar billetes ata un par de horas antes do peche operativo da empresa e por que hai tan pouco control sobre estas empresas que ademais reciben inxeccións económicas dos nosos gobernos”.