Busca Avanzada
NOVAS  
10/02/2012
Os lucenses afectados polo peche de Spanair xa poden comunicar a súa débeda

Aínda que o Auto que declara o concurso aínda non foi publico no BOE, dada a transcendencia deste procedemento, o Xulgado no seu comunicado, anuncia que todos os acredores xa poden ir enviando a documentación que acredite a súa débeda á dirección de correo postal ou electrónico do Administrador concursal.

Desde ACUL, recomendamos a todos os usuarios lucenses afectados a recompilación de toda a documentación que acredite todos os prexuízos económicos sufridos a consecuencia destes feitos, no entanto, se aínda non dispón de devandita documentación, deben saber que teñen o prazo dun mes desde a publicación do concurso no BOE.

ACUL queda a disposición dos afectados para atender as súas consultas e reclamacións.