Busca Avanzada
NOVAS  
13/03/2012
Carta de Acul no Día Mundial do Consumidor

Como todos os días 15 de marzo de todos os anos, recordámosvos a celebración do Día Mundial do Consumidor que, un ano máis, está dedicado á protección dos usuarios de servizos financeiros. Protección que resultou ser imprescindible, pois nos últimos tempos estamos sendo coñecedores ou vítimas, de abusos de entidades financeiras en masa, a un elevado número de usuarios.

Desde ACUL, reivindicamos o papel dos poderes públicos, na súa posibilidade de situarse a favor do usuario e adoptar decisións firmes que restablezan a súa situación, que palien a súa indefensión, que lles defendan da súa inicial perda de dereitos. Que non se consolide unha tendencia automática de prácticas abusivas por parte dalgunhas entidades financeiras; iso, a pesar do aparente sistema de control para a nosa protección que debería proporcionarnos o tan estrito e normativizado réxime do Banco de España ou da Comisión Nacional do Mercado de Valores que, con todo, non puido evitar o carácter fraudulento de numerosas contratacións no ámbito dos servizos financeiros.

Tamén desde ACUL, nos esperanzamos coa progresiva tendencia do noso usuario lucense, de facer valer os seus dereitos informándose, lendo a letra pequena, sendo máis precavido aínda, que en tempos anteriores. E, por suposto, adoptando un papel activo mediante a súa reclamación, cada vez que tales dereitos foron efectivamente vulnerados.

En ACUL confiamos en que o próximo Día Mundial do Consumidor, podamos recordar un balance máis positivo dos logros conseguidos na defensa dos usuarios de servizos financeiros.