Busca Avanzada
QUEN SOMOS  

      A Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo (ACUL), é unha asociación privada sen ánimo de lucro, que ten como fin principal a defensa dos intereses dos consumidores e usuarios mediante o asesoramento xurídico, a tramitación de reclamacións en defensa dos seus dereitos, e a educación e formación en todas as materias que incidan na mellora da súa calidade de vida.

      Por iso, ademais de protexer os dereitos económicos dos consumidores e usuarios, mediante a interposición de queixas e reclamacións, entre os obxectivos de ACUL, tamén se atopan o fomento da educación e información dos cidadáns mediante as actividades idóneas para iso, a potenciación de hábitos que melloren a súa calidade de vida e a defensa dos intereses de colectivos de consumidores e usuarios especialmente desprotexidos ou desinformados, a través das seguintes áreas permanentes de traballo: área da terceira idade, de inmigrantes e poboacións marxinais, de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, de saúde, de infancia e mocidade, da muller, de seguridade alimentaria, de cooperación e de Medio Ambiente.

      ACUL é membro da Confederación (de ámbito estatal) de Consumidores e Usuarios- CECU-, a través da cal está representada no Consello de Consumidores e Usuarios (CCU), así como en organismos internacionais (Consumers International).